En liberdade a moza de 18 anos que acoitelou a un menor en Ribeira

O outro detido é un menor de 17 anos

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/08/2024 | Actualizada ás 13:03

Comparte esta noticia

A xuíza do Xulgado de Instrución número 3 de Ribeira decretou a posta en liberdade da muller de 18 anos acusada de acoitelar a un menor nas festas de Palmeira, un caso no que tamén está investigado outro menor, de 17 anos. Á muller atribúeselle un delito de lesións.

Segundo detallaron fontes da investigación a Europa Press, o suceso produciuse na madrugada deste domingo, cando, no transcurso dunha pelexa entre varios mozos, un menor resultou ferido por arma branca no abdome e nunha perna. O ferido, tal e como detallaron estas mesmas fontes, foi trasladado ata o Hospital do Barbanza polos axentes da Policía Local, xa que a ambulancia viña de Boiro e o tempo de asistencia era máis prolongado.

A detención dos presuntos autores foi efectuada por axentes da Policía Nacional e da Local, con todo, só a muller pasou a disposición da xuíza, dado que o outro investigado é menor de idade.

Unha  muller detida
Unha muller detida | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta