A “pinza” de Ciudadanos e Podemos chega a Galicia

Besteiro critica que dos "partidos emerxentes" caian nas trampas do PP para criticar a Pedro Sánchez.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 10/12/2015 | Actualizada ás 10:20

Comparte esta noticia

"Hai partidos emerxentes que están a funcionar como partidos emerxentes de Mariano Rajoy porque o único que poden impedir é que o cambio se produza". Foi a dura denuncia que este mércores fixo o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Besteiro, contra Podemos e Ciudadanos.

Pedro Sánchez con José Ramón Besteiro
Pedro Sánchez con José Ramón Besteiro

Así,  nun acto en Pontevedra criticou que se adiquen a atacar ao candidato do PSOE ao Goberno, porque "hoxe ninguén ve a Pablo Iglesias ou Albert Rivera como presidentes do Goberno" e que o cambio "posible só o personifica Sánchez”-

Por iso, denunciou a "pinza" destes chamados "partidos emerxentes" contra o candidato socialista. Segundo Besteiro, este acordo para prexudicar a Sánchez débese a que "está a abrir oco" e por iso "todas as dianas diríxense contra el".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Seica o oco que está a abri en Galicia este "novo descamisado" ten moito que ver coas vellas prácticas de Pepiño Blanco (agora á sombra de Bruxelas, mentres pasan "as mareas") Besteiro debera ter máis coidado co que dí... non se lle vaia a ir a PINZA coma ao seu correlixionario Abel Caballero (vér vídeo logo do comentario) // http://carlosprincipe.com/2015/12/1... PSOE e PP a mesma "merda" é !!! Coa pinza no nariz...