Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/08/2024 | Actualizada ás 18:49
A Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia activou unha ferramenta virtual que permite aos usuarios poder calcular o valor dos servizos que utiliza en calquera destas instalacións, desde o emprego dos equipos informáticos ou os préstamos de material, entre outros.
Segundo informou a Xunta, o que buscan é que a cidadanía se sensibilice do valor deste servizo público e tome conciencia do custo que tería se fosen xestionados de maneira privada e tivesen que pagar por eles.
Este cálculo é posible xa que o valor de cada unha das prestacións que reciben os usuarios está baseado na técnica de asignación de prezos de mercado, determinando así o valor dos servizos comparándoos con outros análogos xa existentes polos que se se paga.
Esta ferramenta virtual ten en conta os servizos cuantificables susceptibles de ser traducidos en prezos, como son os préstamos de libros e outros materiais, o uso da sala de lectura, o valor do asesoramento bibliográfico por parte do persoal, a realización de actividades culturais e formativas e a utilización dos equipos informáticos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.