Por E.P. | Santiago de Compostela | 18/08/2024 | Actualizada ás 18:03
Un mozo resultou ferido e tivo que se excarcerado tras quedar atrapado ao saírse da vía no municipio coruñés de Malpica. Segundo informou o 112, o suceso produciuse minutos antes das 08:00 horas deste domingo na estrada que vai de Malpica a Ponteceso, á altura de Buño. Ata o punto desprazouse o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Carballo, o GES de Ponteceso e a Garda Civil.
FERIDA TRAS CHOCAR CONTRA UNHA CASA
Por outra banda, unha muller resultou ferida en Morederramo (Ourense) tras chocar co seu vehículo contra unha casa, cando circulaba pola OU-536. O suceso produciuse sobre as 11:40 horas deste domingo e ata o punto acudiron o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia, o GES de Castro Caldelas e a Garda Civil.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.