Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/08/2024 | Actualizada ás 18:50
O presidente da Confederación hidrográfica do Miño-Sil, José Antonio Quiroga, e o alcalde de Pereiro de Aguiar, Luís Menor, supervisaron este martes as obras da actuación de paso sobre o río Grañal, nunha estrada de titularidade municipal que comunica os núcleos rurais da Venda co núcleo de Calvelle.
A actuación substitúe a infraestrutura de drenaxe existente, que se atopaba en mal estado de conservación, e derrubouse parcialmente interrompendo o paso pola estrada local.
Agora, a nova obra construída permite o desaugadoiro do río Grañal de acordo cos criterios establecidos no Plan hidrolóxico da Demarcación do Miño Sil, e ademais xera anchura suficiente para aloxar a calzada da estrada e as súas proteccións laterais.
Todo iso grazas a un pontón formado por un dintel de formigón armado, de dez metros de luz libre, e unha laxa superior que dispón de 6,5 metros de anchura útil. Ademais os traballos completáronse coa reposición do viario superior e coa protección augas arriba e augas abaixo das marxes do río, recuperando a súa canle e a súa anchura completa.
"Este é un exemplo máis de que a colaboración entre administracións é clave para executar proxectos importantes que melloren a calidade de vida dos veciños", manifestou o presente a Confederación hidrográfica Miño-Sil, expondo que estas actuacións, que supoñen un investimento de máis de 133.000 euros financiadas ao 80% pola ChMS e ao 20% restante pola administración local, finalizaron e están listas para abrir o tráfico.
Pola súa banda, o alcalde de Pereiro de Aguiar, concello ao que pertencen os dous municipios que viron melloradas a súa comunicación, agradeceu ao presidente do organismo da conca a prema á hora de redactar o convenio e de proceder á licitación das obras, "que supoñen unhas actuacións fundamentais" para os veciños afectados pola derriba da infraestrutura, que motivou o corte ao tráfico durante case dous anos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.