Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/08/2024 | Actualizada ás 14:55
O portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, xunto aos concelleiros do seu grupo, realizaron un percorrido polos diferentes colectores do centro urbano e das parroquias da cidade para evidenciar "a falta de mantemento e a incapacidade" do goberno local para cumprir os estándares de limpeza "minimamente esixibles" nunha capital de provincia.
Neste sentido, o xefe da oposición local reclamou que "se acelere" o novo contrato de recollida de lixo, xa que asegurou que os responsables municipais "comprometéronse" a licitalo en agosto de 2024 por última vez, "despois de varios intentos errados ao crear unhas bases que non interesaban a ningunha empresa do sector".
Segundo explicou o PP de Pontevedra nunha nota de prensa, desde que finalizou a vixencia do contrato actual, aprobado antes de que Miguel Anxo Fernández Lores se erexira como alcalde, o Concello "supera o oito prórrogas do contrato", mentres a prestación do servizo "devalúase cada día". "Pontevedra está sucia porque os traballadores da limpeza non teñen os medios nin os recursos necesarios para prestar un servizo de calidade", denunciaron os populares.
Nesta liña, Domínguez lamentou que o BNG "saia cada dous meses en prensa anunciando o mellor contrato do lixo da historia e o único certo é que, cada vez que chegan os visitantes e as festas, acentúase un problema de sucidade co que convivimos os residentes durante todo o ano".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.