O PSdeG reclama un plan de emprego e medidas de choque para "frear o éxodo" da poboación máis nova

Mediante unha serie de iniciativas parlamentarias.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/08/2024 | Actualizada ás 12:39

Comparte esta noticia

A portavoz de emprego do PSdeG, Carmen Dacosta, e o secretario xeral de Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG), Xurxo Doval, reclamaron un plan de emprego e medidas de choque para "frear o éxodo" da poboación máis nova.

Fixérono mediante unha serie de iniciativas parlamentarias, nas que urxen ao Goberno galego a tomar medidas para facer fronte á "situación de precariedade xeneralizada" que está a provocar unha "desbandada" entre os mozos.

Dacosta alertou de que os galegos máis novos "soportan de maneira máis agravada as grandes secuelas do mercado laboral galego, como son o desemprego, as baixas taxas de actividade, baixos salarios e precariedade".

"A falta de oportunidades e de expectativas provocan o desánimo dos máis novos, que ven obrigados a buscar o seu futuro noutros puntos do Estado e mesmo no estranxeiro", asevera.

Por iso, reclámalle á Xunta que poña en marcha "canto antes" todas as ferramentas á súa alcande para "facer de Galicia un territorio con oportunidades laborais con emprego de calidade para os mozos". Máis concreto, pide que fomenten as prácticas formativas e remuneradas, "eliminando a precariedade dos bolseiros", ademais de medidas concretas como a posta en marcha de vantaxes fiscais para as empresas nas que o 30% do persoal teña menos de 35 anos.

Nesta liña, os socialistas alertaron da "situación preocupante" da poboación nova de Galicia, a cuarta Comunidade do Estado coa menor taxa de actividade entre a poboación de 16 a 29 anos. "Mentres a media de España sitúase no 53,8%, Galicia está no 47,2%, moi por baixo do 62% de Cataluña, cunha taxa de paro xuvenil do 18,1%", remarcan.

Pídenlle á Administración autonómica que se centre en superar a situación de precariedade laboral destas franxas de idade, xa que "o 26,6% dos mozos galegos traballan a tempo parcial e cobran un 20% menos que o resto dos traballadores". "Esta brecha salarial está especialmente acentuada nesta comunidade, cunha diferenza de 14 puntos con relación ao resto de mozos do Estado",

FIXAR POBOACIÓN

Así mesmo, Dacosta esixiu ao Goberno galego que elabore e poña en marcha un Plan de choque para facer de Galicia "unha terra atractiva para que os mozos decidan quedar e desenvolver o seu proxecto vital" e "frear o éxodo dos mozos".

Propón neste sentido, medidas específicas para incentivar a adquisición de vivenda entre os máis novos, así como a mellora dos servizos e as infraestruturas.

A portavoz de emprego do PSdeG, Carmen Dacosta, e o secretario xeral de Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG), Xurxo Doval. PSDEG
A portavoz de emprego do PSdeG, Carmen Dacosta, e o secretario xeral de Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG), Xurxo Doval. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta