O sector lácteo á intemperie

Algúns xa dixemos que o acordo lácteo asinado en setembro en Madrid non era quén de amañar a desfeita no sector lácteo galego.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 13/12/2015

Comparte esta noticia
Case tres meses despois segue a existir unha diferenza media de até 10 cts/litro entre o leite vendido en Galicia (26-28 cts/litro)  e o prezo de venda medio no Estado. Calcúlase en 32-34 cts/litro o prezo mínimo para cobrir gastos.
 
               Velaí, pois, como moitos dos axentes sociais do sector veñen de reproducir as súas mobilizacións, con algunha excepción que preferiu non secundalas, como a Organización de Produtores do Leite, que sobranceou nas mobilizacións de agosto e setembro. Porén, o seu coordinador estatal, Ano Escariz, afirma sen dúbidas que “Éste é un problema de país, tendo en conta a importancia social, económica e ambiental deste sector, que vertebra grande parte do noso medio rural. Deixar fundir o sector lácteo galego tería non só un grande impacto económico e social, senón tamén ambiental e demográfico, desertizando de vez amplas comarcas de Galicia.”  
 
         Nesta nova xeira, nas superficies comerciais, aproveitando a grande simpatía que  as consumidoras galegas amosaron a repecto das reivindicacións do sector, o prezo de venda ao público medrou até 4 cts./litro, mais só en beneficio da industria láctea e do propio distribuidor. O produtor, causante teórico dunha suba aceptada polo consumidor responsábel, fica en último de contas á marxe dos seus gaños.
 
       No ámbito da Administración galega, compre denunciar a absoluta tolerancia na actuación de primeiros compradores sen estrutura empresarial e produtiva, que se limitan a especular co leite en prexuizo do prezo recebido polo gandeiro (que ás veces baixa até 18 cts./litro). Esta actuación é claramente disturbatoria da libre concorrencia e como tal hab´ñia ser reprimida. Mais aínda non lle escoitamos ren nin á Conselleira nin ao Presidente Feijóo a respecto desta cuestión.
 
     Galicia é o único país entre os dez primeiros territorios lácteos da Europa que nos últimos cinco anos non coñeceu ningún proxecto investidor superior aos 20 M€,  como nos deu a coñecer recentemente o profesor da USC Edelmiro López Iglesias. Expertos, produtores, cooperativas e axentes empresariais sinalan unáimemente ao desleixo da Xunta como principal responsábel.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.