Temas: FRASEOLOXíA

Fraseoloxismos galegos equivalentes ó castelán “ser más agarrado que un chotis” (2ª parte)

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 01/09/2024 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

Rematamos, pois, o artigo principiado a semana pasada reflectindo outros xeitos de dicir para dar conta daquelas persoas que amosan un excesivo apego polo diñeiro e gastan, dispondo del, por debaixo dos límites que a máis da xente consideraría normais.

Billetes, moedas, euros, euro, diñeiro. EUROPA PRESS - Arquivo
Billetes, moedas, euros, euro, diñeiro. EUROPA PRESS - Arquivo

Ser más agarrado que un chotis

Ser como un puño

Ser de la virgen del puño

Ser más agarrado que la virgen del puño

{= Ser unha persoa que lle ten excesivo apego ó diñeiro, que fai todo canto pode para evitar gastalo e á que lle doe en exceso desprenderse del.}

Ser (agarrado # amarrado) coma a virxe do puño && Ser máis agarrado/amarrado cá virxe do puño

Ser agarrado coma os dentes dun angazo && Ser máis agarrado cós dentes dun angazo

Ser amarrado coma as uñas dun martelo && Ser máis amarrado cás uñas dun martelo

Ser agarrado coma unha lapa && Ser máis agarrado ca unha lapa

Ex.: A buen puerto vas por leña si le pides dinero a ese, que es más agarrado que un chotis.

Vas xusto ó sitio se lle pides cartos a ese, que che é máis amarrado cá virxe do puño que che é agarrado coma os dentes dun angazo que che é máis amarrado cás uñas dun martelo que che é agarrado coma unha lapa.

● Tamén:

[Ser de los que] No dar una sed de auga && [Ser de los que] No dar ni los buenos días

[Ser dos que] Non dar unha sede de auga && [Ser dos que] Non dar sarna a gato && [Ser dos que] Dar más aceite un ladrillo ca el[ca min # ca ti...] && [Ser dos que] Facer coma ó que lle poñían os santos óleos na man e dicía que lla untasen por fóra && [E MAIS]: Ser coma os burros da Limia, que apañan o viño e beben auga && Ser coma as do fío negro && [E MESMO, POSIBLEMENTE POR CALCO DO CASTELÁN]: [Ser dos que] Non dar nin os bos días

Ex.: Vas xusto ó sitio se lle pides cartos a ese, que non dá unha sede de auga que non dá sarna a gato que che dá máis aceite un ladrillo ca el que che é coma os burros da Limia, que apañan o viño e beben auga.

● E mais tamén, con enunciados completados mediante locucións encarecedoras de carácter común (isto é, locucións que se usan de xeito xeral para encarecer ou conferir maior énfase a moitos tipos de contidos):

Ser máis agarrado/amarrado... ca pouco # ca dicilo && Ser agarrado/amarrado... coma el só[ti só, vós sós...] && Ser máis agarrado/amarrado... ca Deus # cá Virxe # ca María Santísima # cós santos && Ser moi agarrado/amarrado... de Deus # do Noso Señor # da virxe # de María Santísima # dos santos

● E incluso tamén, asociadas a ámbitos de uso moi familiares e coloquiais, e mesmo a un rexistro de lingua vulgar:

[Ser dos que] Non comer por non cagar # para non cagar && [Ser dos que] Non dar nin os mocos && [Ser dos que] Non dar (nin) a merda que caga && [Ser dos que] Nacer co cu apertado && Ser coma o pote que ten cu e non caga

Ex.: Vas xusto ó sitio se lle pides cartos a ese, que non come por non cagar que non che dá nin os mocos que non che dá nin a merda que caga que naceu co cu apertado que che é coma o pote que ten cu e non caga.

● E tamén, por último, como voces léxicas que dan conta desa mesma significación:

Ser (muy) tacaño # agarrado # cutre # cicatero # rácano # roñoso # manicorto # tiñoso # miserable # mezquino # ruin

Ser (moi # ben) cotroso # cotras # agarrado (ó carto) # amarrado (ó carto) # rañas # rañicas # conicho # coreño # tiñoso # corraña # corrañento # migalleiro # petuñeiro # cutre # sarnento # sarnoso # rañado # rañoso && [E MAIS]: Ser (moi # ben) apañado # apertado # atado # gardador # manicurto # miserable # mesquiño # ruín && [E INDA]: Ser (moi # ben) lura(s) # sarna # conas # tiñas # comeúñas # cotrenas # requeno # aforrón # aforrica # aforrincha # aforranchín # aforralleiro

[E TAMÉN, NUN SENTIDO MOI SEMELLANTE]:

Ser (muy) avaro # avaricioso

Ser (moi # ben) avaro # avaricioso # lambefoula

NOTA:

As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes, ou inspiradas nelas (xuntamos as fontes en que baseamos a pasada entrega e mais esta):

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Alonso Estraviz, Isaac: Dicionário Estraviz. Obra en liña, accesible na URL https://estraviz.org/.

- Asociación de Escritoras/Escritores en Lingua Galega: Sección “Palabras con memoria”1, á que se pode acceder a través de Internet no enderezo seguinte: https://www.aelg.gal/palabras-con-memoria.

- Castro Otero, Salvador et alii: “Largando aparellos nos caladoiros do Morrazo”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 22, 2020, páxs. 231-256. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Cerviño Ferrín, María Victoria: “Fraseoloxía e paremioloxía de Sebil, 1”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 14, 2012, páxs. 287-308. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Cerviño Ferrín, María Victoria: “Fraseoloxía e paremioloxía en Sebil, 2”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 15, 2013, páxs. 441-462. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

- Cuns Lousa, Xulio: “Rabusco”. En Anuario Brigantino, 12, 1989, páxs. 259-287.

- Da Cerna: “Ditos, frases feitas e refráns”, no blog “Da Cerna”, accesible no enderezo https://dacerna.blogspot.com/p/ditos-e-frases-feitas.html.

- Estévez Rionegro, Noelia: “Fraseoloxía do noroeste de Valdeorras”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 16, 2014, páxs. 305-317. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Ferro Ruibal, Xesús: “Locucións e fórmulas comparativas ou elativas galegas”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 8, 2006, páxs. 179-264. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- García González, Constantino: Glosario de voces galegas de hoxe (1985). Universidade de Santiago, Verba, anexo 27. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- García, Constantino & González González, Manuel (dirs.): Dicionario castelán-galego da Real Academia Galega. Colección Galicia Viva / Real Academia Galega. Fundación Pedro Barrié de la Maza, ano 2004.

- Goce Denis, Amparo: “Parucadas: un ‘dialecto’ vivo nacido en Baiona”. Blog no enderezo de Internet http://parucadas.blogspot.com/.

- Groba Bouza, Fernando: “Nas uñas, nas mans ou nos pés has saír a quen es”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 16, 2014, páxs. 357-437. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Guerra Otero, Pilar: Así falan en Trasar (1 e 2). Obra á que se pode acceder, a través da internet, no enderezo seguinte:

https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/pilar11.html

- Hermida Alonso, Anxos: “Fraseoloxía de Matamá (Vigo)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 11, 2009, páxs. 283-304. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Ibáñez Fernández, José: Diccionario galego da rima e galego-castelán. Publicado en 1950.

- López Barreiro, Margarita: “Frases feitas do Cachafeiro (Forcarei)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 8, 2006, páxs. 317-327. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- López Ferro, Xosé María: “Locucións, fórmulas e paremias do concello das Pontes de García Rodríguez”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 17, 2015, páxs. 135-178. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Lugrís Freire, Manuel: Gramática do idioma galego (2ª edición, corrixida e aumentada). A Coruña, Imprenta Moret (Galera, 48), 1931.

- Martínez [agora, Martíns] Seixo, Ramón Anxo (dir.): Dicionario fraseolóxico galego. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2000.

- Martíns [antes, Martínez] Seixo, Ramón Anxo: “Hai cousas que parecen lousas. Unha nova achega á fraseoloxía do Cachafeiro”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 18, 2016, páxs. 211-247. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Noriega Varela, Antonio: Como falan os brañegos. Ed. Nós, 1928, A Coruña.

- Paz Roca, Mª Carmen: “Aínda novos escritos paremiolóxicos de Vázquez Saco”. Cadernos de Fraseoloxía Galega, 9, 2007, páxs. 247-293. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Pereda Álvarez, José María: Aportaciones léxicas y folklóricas al estudio de la lengua gallega. Publicado en 1953. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Real Academia Galega: Dicionario da Real Academia Galega (versión en liña).

- Rivas Quintas, Elixio: Material lexicográfico da súa elaboración consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina):

a. Frampas, contribución al diccionario gallego, publicado en 1978.

b. Frampas II, contribución al diccionario gallego, publicado en 1988.

c. Frampas III, contribución al diccionario gallego, inédito e cedido polo autor para o Diccionario de diccionarios da lingua galega.

- Rodríguez González, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego castellano, vols. I (1958), II (1960) e III (1961). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Vázquez Saco, Francisco: Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 5, 2003. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- VV.AA.: Unha maré de palabras (Contribución ao léxico do Morrazo). Xunta de Galicia–Museo Massó, 2005.

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta