Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/08/2024 | Actualizada ás 17:12
O portavoz da Executiva do PSdeG, JulioTorrado, convidou ao PPdeG a "aproveitar" o seu acto de inicio de curso político para falar dos asuntos que lles importan aos galegos e "non" dos que "só lle interesan a Feijóo".
Así o fixo este venres e lamentou que "todo apunta" a que os populares galegos acollen este fin de semana ao presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, para "tratar as leas" que ten co Goberno central.
Neste sentido, o socialista mostrou a súa preocupación por que o PPdeG se adique a "alimentar o odio" nunha estratexia que os "homologa coa extrema dereita" que é onde "parece que queren estar".
NoTorrado propúxolles que, xa que están en Galicia, expliquen, entre outras cuestións, os motivos do sobrecusto de 470 millóns de euros do Hospital Álvaro Cunqueiro "para que se beneficiasen os especuladores e perdese a cidadanía".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.