Sálvase ao quedar colgado do cinto de seguridade tras caer por un desnivel

O sinistro tivo lugar en Parada de Sil.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 01/09/2024 | Actualizada ás 11:08

Comparte esta noticia

Un condutor quedou colgado do cinto de seguridade tras saírse da vía e caer por un desnivel en Parada de Sil. Segundo informou o 112, o suceso produciuse sobre as 22.20 horas do sábado e foi o propio condutor o que deu a voz de alarma. O vehículo quedou nunha situación completamente inestable co condutor colgado do cinto de seguridade.

Ata o punto desprazouse o GES de Maceda e os voluntarios de Protección Civil que aseguraron o vehículo pola porta do acompañante e sacaron ao condutor. No operativo tamén participaron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Helicóptero e ambulancia de Urxencias Sanitarias 061 Galicia / Europa Press - Arquivo  / Europa Press
Helicóptero e ambulancia de Urxencias Sanitarias 061 Galicia / Europa Press - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta