Arco Iris cifra nun 25 por cento a auga que consumirá Altri do encoro de Portodemouros

Ese consumo provocaría un "impacto brutal" sobre todo o ecosistema do encoro e a conca do Río Ulla.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 03/09/2024 | Actualizada ás 14:04

Comparte esta noticia

A organización ecoloxista Arco Iris cifra nun 25 por cento a auga que consumirá Altri do encoro de Portodemouros durante o verán e insta á Xunta a que reconsidere a autorización desta instalación.

Informa de que segundo o seu consumo "declarado", a empresa portuguesa utilizaría 1.380.000 metros cúbicos de auga cada mes, "o que suporía esa porcentaxe dos 5.648.000 do achegue mensual en setembro".

Engade que ese consumo provocaría un "impacto brutal" sobre todo o ecosistema do encoro e a conca do Río Ulla. "Eses datos supoñen que Altri consumiría o 51% de toda a auga necesaria para abastecer todo un ano a todos os residentes da cidade da Coruña", asegura. Por iso, Arco Iris fai un chamamento á Xunta de Galicia para que "reconsidere as consecuencias" da autorización desta instalación.

Encoro de Portodemouros
Encoro de Portodemouros | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta