Por Galicia Confidencial | Camariñas | 04/09/2024 | Actualizada ás 09:53
Un pesqueiro de 14 metros ardeu por completo na madrugada deste mércores no porto de Camariñas. A Garda Civil investiga xa as causas dun sinistro que rematou coa embarcación calcinada por completo en moi pouco tempo.
A embarcación comezou a arder sobre as dúas da madrugada e foron varios particulares os que deron aviso aos servizos de emerxencia. De feito, algúns deles gravaron todo o acontecido. Desde o 112 informouse a Salvamento Marítio, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, á Garda Civil, aos Bombeiros de Cee e de Carballo e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Camariñas.
Foron estes últimos os que, ao chegar ao lugar, comprobaron que na embarcación había varios elementos de risco como bombonas de osíxeno. Nese momento, Salvamento Marítimo traballaba xa na extinción do lume desde o buque Salvamar Altair. Tamén precisaron que na cuberta do barco había dúas bombonas de butano. De feito, houbo varias esplosións na embarcacijón.
Con todo, confirmaron que non había outras embaraciones próximas que corresen perigo. Ademais, a Xunta activou o Plan Territorial de Contigencias por Contaminación Mariña Accidental en fase de alerta para conter e controlar un posible vertido polo incendio. De feito, Sasemar explica que se despregaron barreiras anticontaminación por Gardacostas.
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Que significa emerxencia sanitaria internacional?
- (Vídeo) Unha colisión en cadea con 14 vehículos implicados paraliza a Autovía do Barbanza
- O PP evitar reprobar a Jácome a pesar de que os responsabiliza polo caos dos 'busitos'
- Rachando coa Historia das mulleres como nola contaron: "As aguerridas corsarias do século XVIII"
- Nova agresión a un árbitro de 16 anos en Monforte
- Interrompida a circulación ferroviaria en Ourense pola avaría dun tren de mercadorías entre Covas e Quereño