O alcalde de Ourense bótalle en cara a Rueda que pida ser recibido por Sánchez cando non o recibe a el

Cualifica de "menosprezo" que non queira falar con ele de "proxectos estratéxicos"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/09/2024 | Actualizada ás 14:22

Comparte esta noticia

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, de Democracia Ourensá, reiterou este mércores a súa solicitude ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, dunha reunión oficial para tratar "proxectos estratéxicos".

Nun comunicado, tacha de "menosprezo" que non se produciu este encontro despois de que o pasado mes de abril, engade, pedise o citado encontro "por diferentes vías, tanto oficiais como extraoficiais, sen recibir resposta".

"O presidente da Xunta sigue negándose a recibir ao alcalde da terceira cidade de Galicia, os cinco meses transcorridos son sinal inequívoco da folla de ruta de Rueda coa capital de provincia sen mar de Galicia: menosprezo e discriminación total", asegura.

"Seguen no caixón todos os temas pendentes que urxen de Ourense, investimentos e obras que se postergan e que se desvían ás zonas máis ricas de Galicia, condenándonos ao vagón de cola, mentres esperan que nos conformemos con esmolas", engade.

Por outra banda, tras unha última solicitude, o pasado 8 de xullo, incide en que recentemente o presidente da Xunta "expresaba a súa queixa por non ser recibido polo presidente do Goberno de España a pesar de solicitalo hai meses" e recalca que el se atopa nesa mesma situación.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jacome
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jacome | Fonte: CONCELLO DE OURENSE - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta