A volta a Galicia nun día

Feijóo percorrerá as catro provincias galegas este venres, para o peche da campaña. “O obxectivo é aproveitar cada minuto do que resta de campaña para mobilizar ao electorado", apunta o PP.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/12/2015 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, imitará a Willy Fog, pero a súa volta non será ao mundo en 80 días, senón a Galicia nun día.  O líder do PP visitará ata cinco cidades nas catro provincias este venres, coincidindo co peche de campaña das eleccións xerais do 20 de decembro.

Rajoy con Feijóo en un mitin
Rajoy con Feijóo en un mitin

O seu periplo viaxeiro comezará en Ferrol,  pola mañá. De alí irá para Coruña e, despois, a Lugo. Posteriormente trasladarase,  primeiro a Ourense, e, finalmente, a Vigo. Nestas dúas cidades participará en mitins de fin de campaña. 

O obxectivo é aproveitar cada minuto do que resta de campaña para mobilizar ao electorado e pedir o seu voto para o líder do PP e presidente do Goberno Mariano Rajoy”, apunta o PP nun comunicado. 

Así, segundo suliña, o titular da Xunta participou desde o inicio da campaña electoral nunha vintena de mitins e asistiu a máis de corenta actos electorais, percorrendo en total preto de 8.000 quilómetros, segundo cálculos do PP.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta