Por Galicia Confidencial | Moaña | 05/09/2024 | Actualizada ás 12:08
Un bateeiro, o Antepazo, afundiu fronte a localidade de Moaña tras bater, supostamente, contra unha batea. No seu interior ían tres tripulantes que foron rescatados por outra embarcación. Os tres atópanse a salvo no peirao do Con.
O sinistro produciuse ao redor das sete da mañá, pouco despois de que o Antepazo partise desde o peirao da Mosqueira.
Salvamento Marítimo, a través dos buques Salvamar e Maria Pita, atópase xa na zona do afundimento onde quedou unha gran mancha de aceite. Estes barcos traballan para tratar de controlar os posibles danos ambientais que puidesen derivarse do sinistro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.