Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/09/2024 | Actualizada ás 14:39
O xeneral Raimundo Rodríguez Roca tomou posesión como novo Xefe do Mando de Apoio á Manobra (MAM) do Exército de Terra. Ao acto, asistiron o presidente da Xunta, Alfonso Rueda; o do Parlamento de Galicia, Miguel Anxo Santalices; e o delegado do Goberno na comunidade galega, Pedro Branco.
O mesmo foi presidido polo tenente xeral Carlos Melero Claudio, Xefe da Forza Terrestre, no patio de infantaría do Acuartelamento de Atocha, na Coruña, nunha cerimonia con presenza de distintas autoridades políticas e militares.
O xeneral Rodríguez Roca dirixirá unha organización composta por "uns 12.000 militares", distribuídos en cinco unidades "tipo Brigada" e dous Rexementos independentes.
Durante o seu catro décadas de servizo, o militar estivo en 16 destinos diferentes. Destacan os 17 anos nos que ocupou o mando directo de forzas operativas. Foi ascendido a xeneral de división o pasado 27 de xullo.
O seu anterior destino foi no Cuartel Xeral Internacional da OTAN en Bélxica, como segundo Xefe de Estado Maior para Área de Apoio, onde estivo a cargo de cinco divisións internacionais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.