Feijóo descarta a Ciudadanos e a Nós nestes comicios

Di que, en Galicia, os comicios son “unha final a tres” entre PP, PSOE e En Marea.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 18/12/2015 | Actualizada ás 13:20

Comparte esta noticia

Alberto Núñez Feijóo quixo hoxe descartar rivais políticos para os comicios do 20D e fixo pública as súas preferencias electorais: PP, PSOE e En Marea. “A final é cousa de tres”, dixo este venres nun mitin en Ferrol ao descartar xa a Ciudadanos e a Nós, a candidatura do BNG.

Feijóo nun mitin en Lugo
Feijóo nun mitin en Lugo | Fonte: ppdegalicia.com

"Está a extrema esquerda das mareas de Podemos e o PSOE e, doutra banda, un partido de centro reformista como é o PP. Non hai máis posibilidades, consideracións, proxectos ou alternativas", subliñou. Unha clara estratexia para “concentrar o voto” dos electores máis alá do centro porque, dixo, senón é así, "o PP perderá a opción de estar no Goberno".

Feijóo volveu vender a estabilidade económica do Goberno Rajoy. "A travesía do PP é unha travesía para chegar ao porto dos 20 millóns de traballadores, a seguridade do mantemento das pensións, da solvencia do noso país e dunha España igual, constitucional, completa, na que ninguén está por encima de ninguén", dixo.

Con todo, tivo palabras para Ciudadanos. “Non fai falta describir quen son e que nin lles interesa Galicia, nin teñen un proxecto para Galicia... Inés Arrimadas --que deu un mitin na Coruña no que se ausentou Albert Rivera-- é a que máis sabe da ponte aérea entre Madrid e Barcelona, pero de Galicia non sabe nada", ironizou.

Tamén foi moi crítico tamén co PSOE, "deteriorado e sen rumbo", cuxos membros "non están dispostos a asemellarse aos socialistas franceses, que nas últimas eleccións pediron o voto ao centro dereita de Sarkozy".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Gamela

Mira que é curioso, eu descarto ao PP / xa comenzan a pechar as maletas cheas de billetes ? http://goo.gl/aR89mm

1 LKI

O voto últil da esquerda é a En Marea.

1 NMmS

Xa o di Feijoo... o voto da esquerda útil para a dereita.