Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 07/09/2024 | Actualizada ás 17:42
A Audiencia Provincial de Pontevedra xulgará o vindeiro martes, día 10, aos propietarios dun local de alterne de Lalín que só tiñan dada de alta a unha das súas 11 traballadoras. Fiscalía pide para cada un deles dous anos e tres meses de prisión. Segundo o escrito de acusación do Ministerio Público, ambos os acusados eran socios dunha entidade que rexentaba un clube de alterne na localidade pontevedresa de Lalín, no que el actuaba como encargado e ela como administradora.
Con todo, só tiñan dada de alta ante a Seguridade Social a 1 das súas 11 traballadoras, argumentan, o que consideran un delito contra os dereitos dos traballadores. En concreto, catro das mulleres non estaban de alta na Seguridade Social e outras seis non contaban con permiso para traballar en España. Ademais da pena de prisión, o fiscal pide para ambos unha multa de algo máis de 4.000 euros e o cesamento de actividade do local por un período de 2 anos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.