Lugo e Ourense, entre as provincias onde máis descende o prezo da vivenda usada, que sobe un 6% a nivel estatal

Cun incremento xeneralizado dos prezos, salvo nos mercados menos tensionados.

Por Europa Press / Redacción | Lugo | 09/09/2024 | Actualizada ás 13:12

Comparte esta noticia

O prezo da vivenda usada en venda subiu un 0,4% en agosto con respecto ao mes anterior e un 6% en taxa interanual, ata os 1.945 euros por metro cadrado ao mes, segundo datos do portal inmobiliario Hogaria.net. Lugo e Ourense figuran entre as provincias españolas onde, pola contra, máis descendeu. No informe sinálase que a subida do prezo da vivenda de segunda man está a acelerarse e continuará facéndoo durante a recta final do ano, cun incremento xeneralizado dos prezos, salvo nos mercados menos tensionados, debido á escaseza de oferta dispoñible.

"Todo isto afecta negativamente as opcións dos compradores que ven como a esperada rebaixa do Euribor quedará case sen efecto para os que se hipotequen proximamente", aseguran desde o portal inmobiliario. Desta maneira, as provincias nas que máis subiron os prezos foron Málaga (+1,1%), Santa Cruz de Tenerife (+1,1%), Alacante (+1%), Illas Baleares (+1%) e Madrid (+0,9%).

Pola contra, as provincias españolas nas que máis descendeu o prezo da vivenda durante o mes de agosto foron: Teruel (-0,7%), Ourense (-0,6%), Xaén (-0,6%), Lleida (-0,3%) e Lugo (-0,3%).

Desta maneira, Illas Baleares, con 4.155 euros ao mes, Guipúzcoa (3.497euro) e Madrid (3.449 euros) son as provincias onde é mais caro adquirir unha vivenda de segunda man. Séguelles Barcelona (3.340 euros) e Málaga (3.274 euros).

Pola contra, Cidade Real (1.146 euros), León (1.181 euros), Palencia (1.190 euros), Ourense (1.253 euros) e Badaxoz (1.281 euros) son as provincias onde o prezo por metro cadrado é máis barato.

Vivenda
Vivenda | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta