Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2024 | Actualizada ás 21:30
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu o "esforzo notable" da Xunta en materia de educación, ao ser preguntado, tras o Consello, sobre as demandas neste sector como máis profesores, a situación das escolas rurais ou o cumprimento de cocientes de alumnos e alumnas por aula en base aos acordos subscritos con sindicatos.
A preguntas de GC a este respecto, destacou a incorporación de máis de 400 profesores e a baixada dos cocientes. "Sempre haberá cousas que mirar, pero o esforzo está a ser notable", engadiu ao remitirse aos acordos subscritos "coa maioría das forzas sindicais".
Ademais, indicou que se evitou "que se pecharán centros no rural". "Imos polo bo camiño", argumentou sen rexeitar que exista "algunha cuestion puntual". "O esforzo está a dar os seus froitos", engadiu para considerar que existe "un nivel xeral de satisfacción e concordancia". E é que o titular do Executivo galego, que apelou a respectar "as discrepancias", incidiu en "as melloras importantes en recursos humanos, infraestruturas e material".
Rueda respondeu así ás críticas de varias ANPAS no inicio do curso escolar. Advirten de que os recortes en materia de educación continúan poñen en perigo a colexios de diferentes localidades galegas, especialmente a aqueles situados no rural. En concreto, nesta ocasión foron a ANPA do Colexio Vila de Cee; e a ANPA A Santaia, do CPI Fonte Díaz de Touro, as que anunciaron protestas e mobilizacións de non solventarse sendas situacións que consideran inasumibles: o número de alumnos por aula é demasiado elevado e non cumpre as ratios e o número de profesores é insuficiente para atender correctamente aos rapaces. Tamén a ANPA A Santaia do CPI Plurilingüe Fonte Díaz de Touro tamén denuncia recortes de profesorado na adxudicación docente para o curso 2024-25.
PLAN DE ARQUITECTURA PEDAGÓXICA
Estas manifestacións fíxoas despois de que o Consello da Xunta analizase o balance desrrollado pola Consellería de Educación, Ciencia, FP e Universidades a través do plan de nova arquitectura pedagóxica no período 2021-2024, cun investimento de máis de 278 millóns en labores de rehabilitación e mellora de colexios. Rueda remarcou que foron "máis de 2.700 actuacións de mellora", con "a maioría terminadas", precisou tamén.
Como grandes obras, inclúese a creación de novos centros, como os colexios do Milladoiro, Ames, ou o Instituto IES Domingo Villar, en Vigo, construídos baixo os parámetros de accesibilidade. En concreto, dixo que a Xunta está a ampliar 43 centros de ensino cun investimento de case 68 millóns de euros. Así están xa terminadas as de institutos como o IES Sanxillao (Lugo); Xesús Ferro Couselo (Ourense) ou o Centro Integrado de FP Carlos Oroza (Pontevedra), entre outros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.