O cambio climático "xa está aquí" avisan expertos e vincúlano cos fenómenos metereolóxicos extremos

"Queriamos celebrar un debate que fóra máis aló do que estamos adoitados en Galicia, renovables si ou renovables non, e centrarnos na protección contra o cambio climático" apuntou o director adxunto de Ecobas, Xabier Labandeira

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/09/2024 | Actualizada ás 18:29

Comparte esta noticia

A Directora de Mercados de Carbono e Mobilidade Limpa da Comisión Europea, Beatriz Yordi, advertiu este martes en Santiago de que o cambio climático "xa está aquí" e que os fenómenos extremos que podían ocorrer cada 100 anos, a partir do 2050 farano cada oito.

Así o explicou na xornada 'O camiño á neutralidade climática: Reflexións desde Galicia e Europa', celebrada este martes no Consello da Cultura Galega e que estivo organizado polo Centro de Investigación Interuniversitario do ámbito da economía e a empresa (Ecobas).

Deste xeito, o director adxunto de Ecobas, Xabier Labandeira, explicou a Europa Press que o obxectivo desta xornada era ter unha "fotografía completa" do cambio climático e da necesidade de actuar en canto a políticas climáticas refírese.

"Queriamos celebrar un debate que fóra máis aló do que estamos adoitados en Galicia, renovables si ou renovables non, e centrarnos na protección contra o cambio climático", subliñou Labandeira.

Pola súa banda, Beatriz Yordi, destacou que o cambio climático xa produciu 75.000 mortes prematuras por ondas calor en Europa, ademais de 55 millóns en perdas por inundacións en países como Alemaña ou Bélxica.

Polo que, incidiu na necesidade de aplicar políticas que vaian máis aló e sexan políticas de seguros, de riscos, económicas e de transportes. Neste sentido, lembrou que "non se pode facer unha política de cambio climático sen innovación social".

A IMPORTANCIA DO PACTO VERDE

Así mesmo, Yordi fixo fincapé na importancia do Pacto Verde, unha "actualización" das políticas climáticas e enerxéticas co que a Unión Europea busca alcanzar a "neutralidade climática", é dicir, que non haxa emisións netas positivas de gases efecto invernadoiro.

Neste sentido, asegurou que este é un pacto "ambicioso" co que se logrou "desligar" contaminación de crecemento económico.

Por outra banda, tamén puxo o foco nunha problemática que rodea a Europa, a dependencia de combustibles fósiles. Segundo detallou, tan só durante o ano pasado importáronse combustibles fósiles por un valor de 774.000 millóns de euros.

Nesta liña, Labandeira lamentou esta "dependencia" que aínda hoxe en día persiste respecto ao petróleo, o gas e mesmo o carbón, unha realidade que "aínda non se puido cambiar" e que "urxe" renovar, xa que estes combustibles son, en gran parte, "responsables" do cambio climático.

Sesión plenaria do Consello da Cultura Galega
Sesión plenaria do Consello da Cultura Galega | Fonte: CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta