Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/09/2024 | Actualizada ás 14:51
A presidenta da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo, a popular Carmen Crespo, cargou este mércores en Santiago contra as decisións "erróneas" que se tomaron nas institucións europeas en materia pesqueira, que ao seu xuízo baseáronse no punto de vista ambiental, pero non tiveron en conta o impacto socioeconómico.
Crespo reuniuse en Santiago co conselleiro do Mar, Alfonso Villares, quen celebrou a "nova etapa" da comisión, un mandato no que "espera" que a pesca galega "volva ter o peso que perdeu" durante os últimos anos "co anterior comisario".
Nesta liña, Carmen Crespo cualificou de "lúgubre" o momento que vive o sector e que sufriron os pescadores de Europa debido "as decisións de Bruxelas e da Comisión". Ademais, esgrimiu que os principios ambientais "non son os únicos que hai que adoptar", senón que hai que ter en conta a competitividade dun sector "fundamental" para os intereses de toda a Unión Europea e "especialmente" de España e de Galicia.
REVISIÓN DA POLÍTICA PESQUEIRA
Así mesmo, Alfonso Villares reivindicou que a Comisión debe revisar as capacidades de pesca e a Política Pesqueira Común para que non se valore só a sustentabilidade, senón tamén a viabilidade económica do sector.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.