Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 11/09/2024 | Actualizada ás 15:25
A media mañá deste mércores 11 de setembro un accidente de tráfico na AP-9 colapsou a circulación na AP-9 ao seu paso por Padrón, á altura do quilómetro 83 en dirección Santiago. En concreto, tratouse dun choque contra a mediana que rematou cun coche envorcado e dúas mulleres feridas. Segundo informaron a Europa Press fontes do operativo, o suceso tivo lugar sobre as 13.30 horas.
Segundo detallaron os efectivos de emerxencias na zona e o 112 Galicia, unha das mulleres non podía saír polos seus propios medios e tivo que ser excarcerada. O accidente provocou o corte do carril en dirección Santiago, tendo en conta que o vehículo accidentado quedou envorcado sobre a vía. Ao momento, ademais dos Bombeiros, acudiu o GES de Brión, a Garda Civil de Tráfico e o servizo de Urxencias Sanitarias 061, que trasladaron ás dúas feridas ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.