Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/09/2024 | Actualizada ás 10:31
Dous atropelos a persoas que circulaban en patinete foron rexistrados na tarde deste xoves na mesma rúa do municipio pontevedrés de Vilagarcía, a Avenida Doutor Tourón, aínda que só un dos afectados resultou ferido.
O CIAE 112 Galicia informou de que tivo constancia do primeiro dos accidentes cando pasaban dez minutos das 17,30 horas. Con estes datos, desde o 112 Galicia informou á Policía Local, aos bombeiros do Salnés e ao Servizo de Emerxencias e da Agrupacion de Voluntarios de Protección Civil de Vilagarcía, que confirmou o trasladado do ferido en ambulancia.
Dez minutos despois, ás 17,50 horas, o persoal sanitario volveu contactar co 113 para informar de que un vehículo que circulaba pola mesma avenida, á altura do número 30, golpeara a un mozo que ía en patinete ao tratar de esquivar a unha ambulancia. Con todo, o mozo estaba ben e rexeitou a asistencia sanitaria.
Do mesmo xeito que no caso anterior, desde o 112 Galicia pasouse o aviso á Policía Local, aos Bombeiros do Salnés e aos efectivos do Servizo de Emerxencias e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.