Incendio nunha vivenda unifamiliar en Vilardevós calcina por completo a casa

O 112 Galicia recibiu o aviso ás 07:30 da mañá, e os bombeiros lograron extinguir o lume.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 14/09/2024 | Actualizada ás 15:46

Comparte esta noticia

Un incendio orixinado na cheminea calcinou por completo unha casa unifimiliar en Vilardevós sen ocasionar danos persoais. Segundo informou o 112, o suceso produciuse sobre as 07:30 horas deste sábado cando un particular alertou de que lle ardía a casa na rúa Eloy Luís André.

Ata o punto desprazáronse os Bombeiros de Xinzo e os de Verín. Unha vez no lugar e coas chamas controladas, indicaron que era unha vivenda unifamiliar de dous pisos e con casas á beira. O lume está extinguido e os Bombeiros de Verín continúan no lugar para arrefriar a zona. A casa afectada ardeu por completo e con risco de desprendemento.

OUTRO INCENDIO EN PARADA DE SIL

Por outra banda, os medios de extinción traballan para atallar as chamas que afectan a catro casas contiguas, unidas polo tellado e polas paredes, en Parada de Sil. O 112 Galicia detallou que o lume comezou nunha casa de dous pisos e foi un particular o que deu a voz de alarma sobre as 12.00 horas deste sábado. A central de emerxencias avisou aos membros do GES de Maceda, á Garda Civil e aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Un camión de bombeiros nas inmediacións onde se derrubou a parede dun edificio m
Un camión de bombeiros nas inmediacións onde se derrubou a parede dun edificio m | Fonte: Javier Vázquez - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta