Ferido un home nun accidente de tráfico en Mazaricos

No quilómetro 1 da DP-4501 pasados dez minutos das 21:00 horas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/09/2024 | Actualizada ás 10:47

Comparte esta noticia

Un home resultou ferido ao saírse da vía co seu vehículo no quilómetro 1 da DP-4501, ao seu paso polo municipio coruñés de Mazaricos.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar pasados dez minutos das 21,00 horas, cando un particular contactou co 112 Galicia e sinalou o condutor permanecía inconsciente. Ademais, nun principio, o alertante era incapaz de acceder ao vehículo.

Con todo, pouco despois, o persoal sanitario confirmou que a persoa e estaba fóra do coche e que fora trasladada en ambulancia ao centro hospitalario de referencia. O vehículo foi retirado da calzada por un guindastre.

No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-062, os bombeiros de Santa Comba, o GES de Muros, a Garda Civil de Tráfico e os voluntarios de Protección Civil de Mazaricos.

Sala de operacións 112 Galicia
Sala de operacións 112 Galicia | Fonte: XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta