Temas: FRASEOLOXíA

“A golfaradas” ou “a golfarón(s)”, equivalentes á castelá “a borbotones”

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 22/09/2024 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Naqueles casos en que un líquido (inda que ás veces tamén se pode aplicar a outras entidades) brota ou sae para fóra con forza e de xeito violento e atropelado, e nomeadamente tamén descontinuo, en castelán acostúmase a falar de que sae (ou brota, mana...) a borbotones.

Un neno nunha fonte
Un neno nunha fonte | Fonte: Ricardo Rubio - Arquivo

Vexamos que locucións temos en galego que fornezan esa mesma significación:

(Salir # Brotar # Manar # Sangrar...) A borbotones

(Salir # Brotar # Manar # Sangrar...) A borbollones

{= (Saír # Brotar # Manar # Sangrar...) De xeito tal que un líquido –ou, en ocasións, algunha outra entidade– sae con forza e de modo violento e/ou atropelado (e moitas veces tamén descontinuo, coma a pulos).}

A golfaradas

A golfarón & A golfaróns

[E MAIS]:

A cachón

Ex.: Al extraerle la flecha del muslo, la sangre comenzó a brotar a borbotones.

Ó lle extraer a frecha da coxa, o sangue comezou a brotar a golfaradas a golfarón(s) a cachón.

Ex.: Debido a las intensas lluvias, el agua salía a borbotones por el alcantarillado.

Por mor das intensas chuvias, a auga saía a golfaradas a golfarón(s) a cachón polos sumidoiros.

E tamén, con extensión do uso destas locucións ó as aplicar a entidades non líquidas:

Ex.: Los sentimientos más profundos y recónditos se transmiten en cada palabra del poemario brotando a borbotones del corazón del autor.

Os sentimentos máis profundos e recónditos transmítense en cada palabra do poemario abrollando a golfaradas a golfarón(s) a cachón do corazón do autor.

Ex.: En el vídeo se aprecia perfectamente el denso humo y como la gente sale a borbotones del edificio.

No vídeo apréciase perfectamente o denso fume e como a xente sae a golfaradas a golfarón(s) a cachón do edificio.

● Mesmo tamén:

A callón && A gallarón && A gallarope && A gallaropes && A boullón && A gurgullo

NOTAS:

1. Nótese que hai bastantes contextos en que tamén acaen, ou poden acaer –posiblemente perdendo en certos casos algún matiz con respecto ás secuencias expresivas que aquí estamos a abordar–, locucións que veremos nunha das próximas entregas e que se corresponderían coa castelá a mansalva.

Ex.: Al extraerle la flecha del muslo, la sangre comenzó a brotar a mansalva.

Ó lle extraer a frecha da coxa, o sangue comezou a brotar a esgalla a embute a mazo a moreas etc.

Ex.: Debido a las intensas lluvias, el agua salía a mansalva por el alcantarillado.

Por mor das intensas chuvias, a auga saía a esgalla a embute a mazo a moreas etc. polos sumidoiros.

Ex.: Los sentimientos más profundos y recónditos se transmiten en cada palabra del poemario brotando a mansalva del corazón del autor.

Os sentimentos máis profundos e recónditos transmítense en cada palabra do poemario abrollando a esgalla a embute a mazo a moreas etc. do corazón do autor.

Ex.: En el vídeo se aprecia perfectamente el denso humo y como la gente sale a mansalva del edificio.

No vídeo apréciase perfectamente o denso fume e como a xente sae a esgalla a embute a mazo a moreas etc. do edificio.

2. As expresións e solucións galegas están tiradas das seguintes fontes, ou inspiradas nelas:

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega: Sección “Palabras con memoria”, á que se pode acceder a través de Internet no enderezo seguinte: https://www.aelg.gal/palabras-con-memoria.

- García González, Constantino: Glosario de voces galegas de hoxe, publicado en 1985. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Hermida Alonso, Anxos: “Fraseoloxía de Matamá (Vigo)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 11, 2009, páxs. 283-304. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Leiras Pulpeiro, Manuel: Vocabulario datado en 1906. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Lugrís Freire, Manuel: Gramática do idioma galego (2ª edición, corrixida e aumentada). A Coruña, Imprenta Moret (Galera, 48), 1931.

- Martíns [antes, Martínez] Seixo, Ramón Anxo: “Hai cousas que parecen lousas. Unha nova achega á fraseoloxía do Cachafeiro”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 18, 2016, páxs. 211-247. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Otero Álvarez, Aníbal: “Hipótesis etimológicas referentes al gallego-portugés”, CEG XVII, pp. 83-114. Ano 1951.

- Otero Álvarez, Aníbal: “Contribución al léxico gallego y asturiano”. Archivum (Oviedo), III, pp. 113-134. Ano 1953.

- Otero Álvarez, Aníbal: “Vocabulario de San Jorge de Piquín”. Universidade de Santiago, 1977 (Verba, anexo 7).

- Real Academia Galega: Diccionario gallego-castellano, de entre 1913 e 1928. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Real Academia Galega: Dicionario da Real Academia Galega (versión en liña).

- Rodríguez González, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego castellano, vols. I (1958), II (1960) e III (1961). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Santamarina, Antón (dir.) / Ernesto González Seoane / María Álvarez de la Granja: Tesouro informatizado da lingua galega (TILG). (Versión 4.1). Santiago de Compostela. Instituto da Lingua Galega.

- Sobreira Salgado, Juan: Material lexicográfico elaborado entre 1787 e 1805. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta