Baixa a reserva dos encoros galegos ao 65%

A cantidade de auga é de 2.415 hecómetros cúbicos

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/09/2024 | Actualizada ás 18:09

Comparte esta noticia

Os encoros galegos sitúanse cunha reserva de 2.415 hectómetros cúbicos, o 65% da súa capacidade, dous puntos menos que a semana pasada, segundo os datos publicados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica este martes.

A auga embalsada é de 2.050 hectómetros cúbicos na conca de Miño-Sil, a de maior capacidade, o que supón un descenso fronte aos 2.129 de sete días antes. No entanto, esta cifra está por encima de hai un ano e a media da última década.

No tocante a Galicia Costa, a reserva hídrica queda en 365 hectómetros cúbicos, seis menos que unha semana antes. Neste caso por baixo do mesmo dato de sete días antes e os últimos 10 anos.

Na última semana, as precipitacións afectaron á vertente atlántica e foron moi escasas na vertente mediterránea. A máxima produciuse en San Sebastián.

Vista aérea do encoro de Prada desde a zona Candeda / Agostime / Europa Press
Vista aérea do encoro de Prada desde a zona Candeda / Agostime / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta