Cerna aposta pola unidade da esquerda e do nacionalismo

A formación escindida de Anova destaca o éxito de En Marea e felicítase porque Galicia teña grupo parlamentario propio en Madrid.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/12/2015 | Actualizada ás 12:20

Comparte esta noticia

Cerna, a formación escindida de Anova, aposta pola unidade da esquerda e do nacionalismo para novas citas electorais. E faino en base ao éxito colleitado polas Mareas e tamén polo feito de que os 80.000 votos de Nós non teñan servido para acadar deputado.

A cúpula de Cerna, con Consuelo Martínez e Luis Eyré, entre outros
A cúpula de Cerna, con Consuelo Martínez e Luis Eyré, entre outros | Fonte: teinteresa.com

"Queremos destacar que nos procesos de entendemento, confluencia e unidade é onde reside a posibilidade de avanzar para poñer as institucións ao servizo da maioría social. Abonda con observar que -de terse producido a unidade completa que moitas de nós propugnamos nestes pasados meses previos- estaríamos ante un panorama de 8 ou 9 escanos no Congreso e 4 no Senado e disputándolle ao PP sermos dende xa a primeira opción electoral en Galiza", apunta nun comunicado.

Por iso,insiste na necesidade de que a unidade que non foi posible acadar para os comicios xerais, sexa posible nas autonómicas de 2016. "Enviaría ao PP ao baúl dos pesadelos e abriría unha etapa de goberno ao servizo da xente. Só é cuestión de vontade política e xenerosidade, o obxectivo meréceo", engade.

Cerna celebrou hai uns días en Santiago de Compostela a Comisión de Coordinación de CERNA. Unha xuntanza na que destacan o "moi importante avance" de En Marea e a perda substancial de votos do PP como os dados máis positivos destas eleccións.

"Debemos felicitármonos colectivamente porque Galiza teña conseguido uns resultados que lle permiten constituír un Grupo Parlamentario Galego de esquerda", indica. Ademais, e a pesar das dúbidas planteadas, este grupo é "xuridicamente independente a todos os efectos e un instrumento ao servizo do interese nacional de Galiza e da súa cidadanía, garantindo a presenza do noso País no concerto político do estado con redobrada forza".

Finalmente, Cerna suliña o importante avanzo do espazo cidadán de ruptura que, di, "chega até un máximo nunca acadado na serie histórica electoral na Galiza - perto de 500.000 votos-, que permiten avistar unha derrota do PP en vindeiros procesos electorais".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

4 Gamela

Eu non sei como "algúns" teñen cara de sair a buscar cacho despois de tódolos paus que levan posto nas rodas... especialmente contra Beiras (que con 80 anos RESISTE!) Onde se meten os "ideólogos" (Paco UPG) e (Mario Cerna) que nunca dan a cara !!! http://www.abc.es/local-galicia/201...

3 Manolo Pozo

Pero si estes de Cerna apostaron por NOS caga, e agora se apuntan ó éxito de En Marea, pero haberá maiores demagogos e carotas?

1 info

Infórmate antes de opinar: http://www.cerna.org/2015/11/06/cer...

2 Gustavo

Cerna é un grupo de amigos/as que non se representan máis que a eles mesmos, por moito que teñan unha deputada que se escindeu do grupo a quen votaron os electores. Este grupo de opinión ou de opinadores non se presentou a elección algunha, nen apoiou ningunha opción concreta nestes comicios. Se tiveran dignidade ou analisaran a realidade con honestidade, deixaríanse de comunicados como si representasen a alguén. Son un deses chistes que produce o funcionamento político e o asamblearismo trampeado e apresurado, como o que formou AGE (do que espero se terá aprendido para non repetir eses erros). O voso transfuguismo ten data de caducidade, pero mentres tanto xogade a decir que sodes unha forza.

1 eusi

destacan o "moi importante avance" de En Marea e a perda substancial de votos do PP...E todo iso non foi grazas a vós, ao contrario, sodes un cero á esquerda e agora vístelle o rabo ao lobo! Se amades este país deixade de marear, enfangar e pór trabas a todo: desaparecede do mapa pq senón farano os votantes.