Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/09/2024 | Actualizada ás 16:32
O programa da rede galega de praias sen fume ampliouse a 242 areais e outorgou a 45 concello o premio da categoría ouro, ao ter declaradas todas as súas praias libres de fume.
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, entregou este mércores en Cabanas os galardóns anuais deste programa correspondentes ás categorías ouro e prata. Desta forma, dos 45 concellos que alcanzaron este ano a categoría ouro, 22 deles conseguiron por primeira vez este recoñecemento.
Os concellos distinguidos co diploma de ouro foron: Cedeira, Cabanas, Corcubión, Laxe, Mañón, Noia, Oleiros, Ponteceso, Pontedeume, Rianxo, Valdoviño, Bergondo, Boiro, Cabana de Bergantiños, Dumbría, Malpica de Bergantiños, Muros, Barreiros, Cervo, Begonte, Castro de Rei, Chantada, Cospeito, Mondoñedo, Outeiro de Rei, O Saviñao, O Vicedo, Bande, Avión, Castro Caldelas, Vilariño de Conso, Beariz, Laza, A Veiga, Castrelo de Miño, Cerdedo-Cotobade, Lalín, A Guarda, Baiona, Ponteareas, Pontecaldelas, Redondela, Sanxenxo, Tui e Vilaboa.
Pola súa banda, na categoría prata --outorgada a concello con máis do 50% das súas praias sen fume-- foron galardoados Camariñas, Fene, Ortigueira, Viveiro, Cambados, Mondariz, Poio e Soutomaior.
No acto, o conselleiro destacou o compromiso de Cabanas, concello que participa neste programa desde 2017, por alcanzar a máxima categoría o pasado ano e volve repetir este ano.
Caamaño incidiu en que a creación destes espazos sen fume "non só protexe" á saúde do non fumadores, senón que tamén transmite "unha mensaxe poderosa á mocidade: o normal é non fumar".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.