Galicia iniciará o luns unha nova campaña de vacinación en residencias contra a gripe, o covid e outros virus

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, así o confirmou.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 19/09/2024 | Actualizada ás 13:02

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, confirmou que a Xunta iniciará o luns unha nova campaña de vacinación en residencias de maiores. Cuestionado, nun acto no Materno Infantil da Coruña, se se iniciará o luns a vacinación contra o covid en residencias de maiores, e en concreto na cidade herculina, remitiuse á comparecencia informativa que haberá mañá sobre este asunto, avanzou.

Non entanto, ratificou que "todo empezará a rodar a partir do luns" en alusión, precisou, á campaña de vacinación contra a gripe, o covid e outros virus. O conselleiro realizou estas manifestacións na visita ao novo horto e xardín terapéutico para nenos e nenas ingresadas no Hospital Teresa Herrera da Coruña.

Unha muller vacínase o día de apertura do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) para a dobre inmunización fronte ao COVID e a gripe, a 26 de outubro de 2023, en Vigo
Unha muller vacínase o día de apertura do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) para a dobre inmunización fronte ao COVID e a gripe, a 26 de outubro de 2023, en Vigo | Fonte: Javier Vázquez - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta