Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/09/2024 | Actualizada ás 20:48
O deputado do BNG, Néstor Rego, esixiu ao Goberno central que amplíe e renove o parque móbil ferroviario que opera en Galicia. Para iso, rexistrou novas iniciativas tras coñecer a nova licitación aprobada no Consello de Ministros para a modernización e mantemento de locomotoras.
O BNG lembrou, nun comunicado, que este martes o Consello de Ministros autorizou ao Ministerio de Transportes a licitar, por medio de ADIF, a modernización e o mantemento de 43 locomotoras cun investimento de 55 millóns de euros no conxunto do Estado.
"Estas locomotoras da serie 311 operarían en terminais de transporte de mercadorías e tamén se empregan para dar apoio en traballos de mantemento da infraestrutura ferroviaria", detallou Néstor Rego nas súas iniciativas. Neste sentido, demandou ao Ministerio coñecer "cuantos locomotoras" dos 43 totais "ten previsto destinar ou situar" en Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.