Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/09/2024 | Actualizada ás 09:58
Cobre San Rafael recollerá currículos na Estrada, na feira deste mércores, e en Touro, na Xuntanza Festa Mineira deste venres, organizada pola Plataforma Mineiros Touro O Pino.
Durante ambos os eventos, Cobre San Rafael contará cun equipo especializado en recursos humanos que proporcionará información sobre o proxecto e recollerá currículos dos interesados.
Esta iniciativa forma parte do proxecto de apertura do complexo industrial nos municipios do Pino e Touro, co que se prevé xerar 400 postos de traballo directos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.