Por Europa Press / Redacción | VIGO | 25/09/2024 | Actualizada ás 10:09
Unha muller de 67 anos de idade resultou ferida este mércores tras ser alcanzada por un vehículo, fronte á estación de autobuses de Cangas do Morrazo (Pontevedra).
Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o accidente tivo lugar sobre as 7,30 horas e foi o propio condutor implicado o que chamou a Emerxencias para informar do ocorrido, indicando que a muller estaba inconsciente.
O 112 deu aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Policía Local e a Protección Civil de Cangas. Ata o lugar do accidente desprazouse unha ambulancia de soporte vital básico e un equipo de atención primaria de Cangas. Finalmente, a muller ferida, V.P.C., foi evacuada na ambulancia ata o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo..
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.