Portos de Galicia dá autorización a Salvamento para o uso de locais en Camariñas, Porto do Son e Ribeira

Para a actividades de oficina, taller e almacén.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/09/2024 | Actualizada ás 18:09

Comparte esta noticia

Portos de Galicia deu tres autorizacións administrativas a favor de Salvamento Marítimo para a ocupación de tres edificios nos portos de Camariñas, Porto do Son e Ribeira.

A entidade, dependente do Ministerio de Transportes, destinará os locais a actividades de oficina, taller e almacén. A autorización, segundo informou a Xunta nun comunicado, recolle un período de vixencia de catro anos.

O título administrativo contempla a aplicación do artigo 40 da Lei de Taxas de Portos de Galicia para a exención do 100% das taxas por ocupación do dominio público de Salvamento Marítimo cando desenvolva as actividades propias da entidade, encadradas entre as finalidades públicas.

Medios de Salvamento Marítimo
Medios de Salvamento Marítimo | Fonte: DELEGACIÓN DO GOBERNO - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta