Gandeiros e agricultores galegos perciben esta semana tres millóns de euros en pagos da PAC

Galicia conta con 23.200 beneficiarios.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/09/2024 | Actualizada ás 20:06

Comparte esta noticia

Gandeiros e agricultores galegos perciben ao longo desta semana os cobros dun total de 3 millóns de euros de pagos procedentes dos fondos adicionais da Axuda Básica á Renda para a Sustentabilidade da Política Agraria Común (PAC).

Na tarde deste xoves, a conselleiro do Medio Rural, María José Gómez, destacou o dato durante unha visita á granxa Ugasma, no concello coruñés de Boimorto, onde enxalzou a "puxanza" do sector lácteo galego.

Alí, segundo recolle un comunicado do Goberno autonómico, Gómez destacou a "profesionalidade" dos gandeiros e as axudas da PAC como "factores" do estado do sector lácteo, que realiza unha tarefa "fundamental" na subministración de "alimentos sans, seguros e de máxima calidade" á poboación.

Galicia conta con 23.200 beneficiarios da PAC que recibiron esta campaña pagos por máis de 215 millóns de euros, o que, para a conselleira, mostra a "enorme relevancia" destes fondos para o rural.

Agricultores traballando no campo
Agricultores traballando no campo | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta