O conselleiro de Sanidade, premio á personalidade política máis relevante en oncoloxía

Gómez Caamaño afirmou que a atención personalizada do cancro é unha das prioridades da Xunta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/10/2024 | Actualizada ás 10:09

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, recibiu este luns en Madrid o premio á personalidade política máis relevante do ámbito da oncoloxía, que anualmente entrega a Fundación ECO.

Segundo destacou a Xunta, o galardón, que foi adxudicado na modalidade exaequo xunto co conseller de Sanidade da Generalitat Valenciana, Marciano Gómez Gómez, recoñece o labor de ambas as comunidades no que se refire a as súas "Estratexias de Oncoloxía de precisión, e o seu positivo impacto na prevención, diagnóstico e tratamento destas enfermidades".

Durante a súa intervención, o responsable de Sanidade incidiu na importancia de apostar pola formación continúa dos profesionais sanitarios e pola investigación traslacional, "dous ámbitos que permitirán avanzar na mellora das prestacións asistenciais de tipo oncolóxico".

Na mesma liña, afirmou que a atención personalizada do cancro é unha das prioridades da Xunta. Neste sentido, apostou por un modelo de atención no que o paciente estea no centro das políticas para garantirlle "unha atención humana, multidisciplinar e especializada".

Tras recoller o premio que anualmente entrega a Fundación ECO, Gómez Caamaño agradeceu o esforzo e o traballo do conxunto de profesionais sanitarios e dos científicos que diariamente abordan o que é "un dos maiores desafíos da sociedade actual".

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, recibe o Premio á personalidade política máis relevante en oncoloxía.. XUNTA
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, recibe o Premio á personalidade política máis relevante en oncoloxía.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta