Por Europa Press / Redacción | Lugo | 01/10/2024 | Actualizada ás 13:03
Galicia espera a entrada dun río atmosférico este mércores que deixará intensas e xeneralizadas precipitacións ao longo de toda a xornada, especialmente nas provincias da Coruña e Pontevedra e a montaña de Ourense e Lugo, que estarán en aviso amarelo.
A predición de Meteogalicia apunta a un mércores de fortes choivas similar ao vivido ao mesmo día da pasada semana, no que a Comunidade galega experimentou unha xornada moi húmida.
Aínda que desligado da treboada Isaac que atravesa o Atlántico, un río húmido de latitude moi baixa procedente do Caribe traerá a choiva a Galicia nun mércores de temperaturas suaves, con mínimas de entre 16 e 18 graos e máximas de ata 22 graos centígrados.
As precipitacións manterán en aviso amarelo ás provincias da Coruña e Pontevedra e na montaña de Lugo e Ourense, onde se esperan acumulacións de auga de ata 40 litros en 12 horas. Agárdase unha mellora da estabilidade a medida en que caia a noite do mércores, que dará paso a un xoves no que se espera a entrada dun anticiclón que deixará tempo seco de cara ao final da semana.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.