Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/10/2024 | Actualizada ás 16:08
A Garda Civil coordina o dispositivo de procura dun home que permanece desaparecido desde a noite do pasado luns, cando saíu pescar a unha praia de Boiro.
A esposa do desaparecido presentouse no cuartel do Instituto Armado na mañá deste martes despois de non ter noticias do seu marido durante toda a noite, segundo trasladou a Garda Civil.
A denuncia motivou a articulación dun dispositivo para dar co paradoiro do home, duns 70 anos de idade e que se dirixía a pescar na praia de Mañóns, en Abanqueiro.
No operativo participan voluntarios de Protección Civil xunto á axentes da Garda Civil, que mobilizou a membros do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas.
Tamén se solicitou a axuda dun helicóptero de apoio pero as malas condicións meteorolóxicas no norte da ría de Arousa impediron que tomase o voo pola mañá.
Espérase que a aeronave pudeda despegar para peitear a zona desde o aire durante a tarde grazas á mellora da visibilidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.