A patronal eólica galega acusa ao alto tribunal galego de "persecución e bloqueo" ao sector

Presenta unha queixa ante o Consello Xeral do Poder Xudicial.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/10/2024 | Actualizada ás 21:31

Comparte esta noticia

A Asociación Eólica Galega (EGA) presentou este martes unha queixa ante o Consello Xeral do Poder Xudicial para denunciar "a persecución e bloqueo" que consideran que mantén a sección terceira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) cara ao sector.

Fontes da asociación sinalaron a Europa Press que esta era unha decisión que levaban valorando bastante tempo ao entender que hai "certas anomalías" nos procedementos, pondo como exemplo o pronunciamento do Supremo sobre a repotenciación do parque de Corme.

Así, tratan de buscar "outros argumentos" e tamén de "visibilizar" unha situación que consideran de "persecución e bloqueo" e que, apuntan estas mesmas fontes, "non pasa con ningún outro sector". "Parece un posicionamento da sección contra a eólica", reprochan. Ata o momento, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acumula xa case 60 proxectos paralizados na comunidade.

Varios aeroxeradores no parque eólico de Vilachá,
Varios aeroxeradores no parque eólico de Vilachá, | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta