Un proxecto sobre a xeración Z e un podcast sobre xeografía galega, gañadores da Bolsa Nacho Mirás

Por Galicia Confidencial | Compostela | 02/10/2024 | Actualizada ás 15:42

Comparte esta noticia

A Vozes, cultura Zeta e (Des)facendo Galicia, acaban de gañar a Bolsa ‘Nacho Mirás’ para xornalistas noveis, organizada e desenvolvida polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. A Vozes, cultura zeta, de Raul Salgueiro Cores, é un proxecto cultural sobre a xeración Z que combina a rede social Instagram co slow journalism. (Des)facendo Galicia, un podcast da autoría de Érika Martínez Fernández e Samuel Pérez Pérez que mostra a identidade dos distintos espazos da xeografía galega e os conflitos ou problemáticas que se dan no seu interior.

Bolsa Nacho Mirás.. XORNALISTAS
Bolsa Nacho Mirás.. XORNALISTAS

A Vozes, cultura zeta é un medio nativo dixital de comunicación cultural que pretende outorgar espazo a manifestacións culturais e a persoas novas que pertencen á xeración Z, favorecendo a súa difusión e promoción no plano cultural galego. Os seus contidos, baseados principalmente en tres ámbitos culturais (a música, a literatura e o cinema e teatro), empregarán de maneira principal un perfil de Instagram. Raúl Salgueiro, á fronte do proxecto, é graduado en xornalismo pola USC, cun grande interes

(Des)facendo Galicia, pola súa banda, é un proxecto transmedia que combina o formato do podcast coa creación de contido en redes sociais, coa vontade de facer un percorrido pola xeografía galega que mostre por un lado a identidade propia dos diferentes barrios, pobos ou cidades, e por outro os conflitos ou problemáticas sociais que sofren. Estará baseado en reportaxes sonoras, en formato podcast, duns 25 minutos de duración, que se complementarán con contidos máis visuais e curtos, difundidos a través das redes sociais Tiktok e Instagram. 

A bolsa leva o nome do xornalista, colexiado do CPXG e profesor na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, Nacho Mirás, que sempre defendeu a valía dos novos xornalistas, o espírito de facerse valer, de formarse o máximo posible e defender así o posto de informador, de xornalista. Esta bolsa pretende ser un pequeno empuxe para eles, para que atopen o seu camiño profesional. Nas edicións anteriores, foron galardoados coa bolsa os proxectos MediaMapa.Gal e Punto e volta (2016), Feira (2017), Pícaros.gal (2018), Entrelinguas (2019), éDeporte (2020), A Cousa e Zoom na Bagatela (2021), Notas á marxe (2022) e Quen son elas? (2023).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta