Cuntis recolle 94 litros por metro cadrado nun mércores de alerta amarela en Galicia por choiva

As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso mentres que as máximas ascenderá. O vento soprará frouxo de compoñente norte

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2024 | Actualizada ás 19:56

Comparte esta noticia

O municipio pontevedrés de Cuntis acumulou 94.1 litros por metro cadro de choiva, nunha xornada na que a comunidade galega estivo en alerta amarela.

Así, as fortes choivas provocaron a crecida do río Verdugo, ao seu paso por Ponte Caldelas, que desbordou preto da zona da praza de Abastos.

Tamén noutros puntos de Galicia, como en Folgoso do Courel as intensas choivas deixaron un total acumulado de 73.5 l/m2. Na provincia de Pontevedra, Poio rexistrou 72.9 l/m2 e Cotobade 71.9 l/m2.

Para a xornada do xoves aumentará a influencia anticiclónica en Galicia, polo que se espera unha xornada sen choivas, con ceos anubrados á primeira hora do día e pouco anubrados en xeral pola tarde.

As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso mentres que as máximas ascenderá. O vento soprará frouxo de compoñente norte.

Dúas persoas protéxense da choiva cun paraugas, a 8 de xuño de 2024
Dúas persoas protéxense da choiva cun paraugas, a 8 de xuño de 2024 | Fonte: Jesús Hellín - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta