Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/10/2024 | Actualizada ás 14:09
Galicia prepárase para a entrada dun novo río atmosférico, con moita humidade, e que deixará choivas intensas durante a madrugada do sábado ao domingo.
A predición de Meteogalicia apunta a que o venres pola noite comezará a choiva no litoral, con altas concentracións de humidade e con choivas persistentes no oeste de Galicia.
Desta forma, prevese a chegada dunha fronte que desviará ese río atmosférico cara ao sur, pero deixará choivas intensas na noite do sábado e a mañá do domingo.
Así, o sábado Galicia quedará influencia polas baixas presións e unha fronte activa atravesará a comunidade pola noite. Ademais, durante esa xornada, a Costa da Morte activará o aviso amarelo por temporal costeiro. O domingo unha fronte con humidade tropical cruzará Galicia e deixará choivas localmente fortes.
O mércores día 9, chegará unha nova fronte que viría producido polo furacán 'Kirk' xa que podería situarse preto da Península e afectar a Galicia en forma de borrasca.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.