Novo pulo ao “procès”

A investidura por maioría absoluta do Parlament do até de agora alcalde de Girona, Carles Puigdemont (Junts per el Si e afiliado á CDC) demostra a flexibilidade da política catalá, que mesmo ven de recoñecer o dirixente de Podemos, Iñigo Errejón.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 10/01/2016

Comparte esta noticia

 E abre un escenario de estabilidade parlamentaria que constitúe un evidente pulo ao proceso soberanista catalán, malia que ao mellor éste, como dixo o presidente da Assemblea Nacional de Catalunya (ANC), grande motor del, precise de máis músculo e de menos velocidade.

A CUP aprobara un veto incondicional a Artur Màs, malia que a metade da súa xente manifestouse a prol da súa investidura. Xa que logo, a decisión de Màs de botarse fóra (xenerosa e políticamente estratéxica) desarmou de vez aos antisistema. Executado o veto a Màs Junts per el Si foi quén a lles impór non só o voto á persoa de Convergência (CDC) decidida polo propio Màs, senòn un pacto de estabilidade parlamentaria que inclúe o prezo da demisión dalgúns dos deputados máis refractarios á investidura do até de agora President.

Esa decisión permítelle a Convergência evitar unas eleccións pouco favorábeis e enfrontar un proceso de refundación que esixen os pasados casos de corrupción e que desenvolverá baixo a dirección do propio Artur Màs. Semella que Democracia i llibertat, futuera marca dos converxentes, adopta o esquema bicéfalo de distintas persoas nas xefaturas do partido e do goberno que tan ben lle resultou ao PNV. Sabido é que unha nova páxina na historia institucional catalá é imposíbel sen que a mediana burguesía e o centro político teñan sitio nela. E Artur Màs agora traballará para facelo.

Pola súa banda, Esquerra (ERC) fornecerá un 40% do Govern con Junqueras nunha probábel vicepresidencia ou mesmo como conseller en cap. Mentres que as forzas unionistas amosaron a súa sorpresa e contrariedade: Catalunya terá Goberno e folla de rota soberanista esta mesma semana, mentres que en Madrid semella que non hai pacto para a gobernanza nin o haberá nalgún tempo. Mesmo é moi dubidábel en termos constitucionais que Rajoy, como presidente do Goberno do Estado en funcións, reteña as competencias para instar do Senado a aplicación das medidas de intervención da autonomía de Catalunya, consonte co artigo 155 da Constitución.
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.