Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/10/2024 | Actualizada ás 17:59
A provincia de Pontevedra e varios puntos da da Coruña activarán na tarde deste sábado a alerta amarela por choiva. Segundo Meteogalicia, o aviso comezará ás 18.00 horas desta xornada e estará activo ata as 06.00 horas do domingo. Pola súa banda, na provincia de Ourense a alerta será desde as 00.00 horas ás 12.00 horas do domingo. Desta forma, espéranse choivas de máis de 40 litros por metro cadrado en 12 horas. Todo iso, nunha xornada na que a comunidade galega está baixo a influencia de baixas presións.
Así as cousas, a humidade achegada polo río atmosférico reforzou a fronte cálida, que deixou máis choiva da prevista. Pola tarde e durante a noite haberá choivas intensas, que non darán tregua en varios puntos da comunidade. Tras esta borrasca, na xornada do martes, Galicia quedará baixo a influencia de furacán 'Kirk' que chegará como un forte ciclón extratropical, polo que deixará fortes choivas e vento
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.