A Xunta destinará 55 millóns á construción dun novo edificio para o Centro de Supercomputación de Galicia

Estará situado no polígono da Sionlla de Santiago de Compostela.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2024 | Actualizada ás 15:04

Comparte esta noticia

O Consello da Xunta celebrado este luns deu o visto e prace a destinar 55 millóns á construción dun novo edificio para o Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) en Santiago que estará situado no polígono da Sionlla. Así o avanzou o presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, na comparecencia posterior á reunión do Executivo e na que estivo acompañado polo conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez.

Tal e como explicou, a intención é que o novo edificio funcione como centro de datos e sairá a licitación "de maneira inmediata" para estar listo a mediados do ano 2026. Contará cuns 6.000 metros cadrados e albergará novos centros de cálculo, segundo detallou Román Rodríguez, que tamén avanzou que o investimento se enmarca dentro do Perte 'Chip', que achegará 47 millóns e do resto farase cargo a administración autonómica.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, antes de participar no Consello da Xunta
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, antes de participar no Consello da Xunta | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta