CxG, dividida entre apostar pola marea ou camiñar en solitario

Compromiso reproducirá o vindeiro 23 de xaneiro, en parte, o debate que xa tivo antes dos comicios. Na Executiva desta fin de semana as posicións estiveron encontradas. Rafael Cuíña considera xa "inevitable" esa confluencia.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 15/01/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Compromiso por Galicia volve estar ante un gran dilema; camiñar sós as eleccións autonómicas ou integrarse en coalicións electorais de amplo espectro, nomeadamente, a que se promoven desde as mareas.

Acto de pegada de carteis de Compromiso por Galicia
Acto de pegada de carteis de Compromiso por Galicia

Será o vindeiro 23 de xaneiro cando o Consello Político Nacional decida o rumbo que vai coller esta formación política nacionalista. Enriba da da mesa hai un documento que apoian, entre outros, o ex senador co BNG, Xoán Manuel Pérez Bouza; o líder de CxG e concelleiro en Outes, Manuel González ou o ex candidato de CxG ás Eleccións ao Parlamento Europeo, Paulo Carlos López.  Un documento que aposta por unha confluencia con outras formacións, nomeadamente as mareas, nunha gran candidatura popular.

Precisamente, ese debate xa tivo lugar na Executiva que se celebrou o pasado sábado. Alí houbo voces a favor e en contra. O actual líder de CxG, Xoán Báscuas, e outros membros da Executiva rexeitaron esa posibilidade, e insistiron, segundo as fontes consultadas, en que Compromiso ten que manter unha liña propia de actuación. Outro peso pesado da formación, Rafael Cuíña, alcalde de Lalín, que durante as pasadas xerais participou nalgún acto con Nós-Candidatura Galega, recoñeceu que “é inevitable” a confluencia de CxG con En Marea.

“É certo que hai xente que desexa xa que CxG comece no proceso de confluencia de En Marea. É unha extensión do debate da convención anterior”, sinala Báscuas en declaracións ao GC. “É posible que CxG teña que dar un debate semellante a aquel pero como é preceptivo a última proposta tena a afiliación, como foi sempre”, engade.  Refírese á xuntanza que houbo hai un mes, na que CxG tivo que decidir se renunciaba ir ás xerais, ír nun pacto co BNG na candidatura Nós ou con En Marea. Finalmente, triunfou a primeira opción que era a que defendía o propio Báscuas.

Por iso, aclara; “esa xuntanza –o Consello Político Nacional-- pode marcar un rumbo pero será a afiliación quen decida finalmente porque esta no é unha formación de corte clásico cando a dirección di o que se vai facer cun báculo. Aquí é a militancia quen manda”.

Xoán Báscuas nas primarias de Compromiso por Galicia
Xoán Báscuas nas primarias de Compromiso por Galicia

Confluencia

Pola súa banda, Manuel González, en declaracións a GC suliña que “hai varias persoas que queremos que se dea un debate e tratar de reconducir o proxecto de CxG e achegalo ás mareas mantendo a autonomía de CxG como forza política”.

De feito, nun artigo publicado no GC, González di que “é momento de realizar unha aposta decidida por sumar o seu capital político e o seu acervo ideolóxico a ese suxeito en construción nucleado pola Marea”. “Negar que iso significa facer concesións na nosa práctica política e tamén concesións ideolóxicas sería negar o evidente. Pero non tomar esa decisión sería ignorar o que, gústenos ou non, nos vén dicindo a sociedade dende que nacemos até hoxe”, engade.

Neste sentido, lembra que no ámbito municipal, as sinerxías e a compatibilidade coa Marea “é practicamente plena”. Alí onde CxG ten alcaldía (Vilar de Santos, Lalín e Muros) e onde obtivo un resultado superior ao 20% (Maceda, Outes e Ourol) Compromiso non competiu coa Marea e “percibiuse como a alternativa ás forzas políticas clásicas. “Evidentemente a compatibilidade é plena alí onde o partido ou a nosa afiliación se presentou en fórmulas plurais asimilables á Marea como en A Coruña, A Pobra, As Pontes, Culleredo, Lugo, Noia ou Sarria. Tamén o é na maioría dos concellos onde nos presentamos pero non obtivemos representación”, reflexiona.

Iván Marrube e Miguel Barros

Nos últimos días, Galicia Confidencial, a través da súa sección GCAberto, publico dous artigos de opinión de destacados militantes de Compromiso defendendo puntos de vista diferentes. Así, mentres o ex candidato de CxG en Lugo, Iván Marrube apostaba por unha confluencia coas mareas, o ex candidato por Vigo, Miguel Barros, insistía en manter a personalidade propia da formación.

“Compre sen demora, dar un xiro decidido, marcar xa novas coordenadas,  dirixir o barco de Compromiso cara unha integración na flota da marea e remar de forma útil para un cambio de goberno no País”, indica Marrube. Pola súa banda, Barros di aposta por “afrontar os custes de teorizar a moderación como forza autónoma ou ben diluírse nas organizacións do nacionalismo clásico cuxo útero ideolóxico aínda non abandonamos”.

Iván Marrube con Xoán Báscuas nun acto de Compromiso
Iván Marrube con Xoán Báscuas nun acto de Compromiso | Fonte: comprimos.gal
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

10 delalin

"Nunca irei nunha lista con partidos españolistas" Rafa cuiña. Asamblea de IpU

1 sermoa

Teño uns principios, se non che gustan teño outros. Quen o dixo? Groucho Marx ou Rafa Cuiña?

2 Deza forever

Xa, e por iso nas municipais de 2015 presumiu de ter o apoio da vella garda do PP de Lalín, que como todo o mundo sabe é nacionalista galega de toda a vida. Asco de caciques.

9 Xanti

O problema de CxG chámase cartos. É moi difícil ca súa mensaxe teña notoriedade dada situación actual; hoxe se non estas nos medios non existes, e CxG non existe en grande parte. O outro problema vai ser EU, Yoli e compañía, que foron os que lles fixeron o boicot fai catro anos (mimá como pasa o tempo). Non ten moito chance CxG, é un proxecto que agora mesmo ten que pensar en sumar, pero tamén en que quere facer de agora en diante porque non pode estar a velas vir eternamente. Penso que é cuestión de tempo que Cuiña dirixa o partido porque Bascuas é moi idealista. Ao tempo.

8 Polo Postiño

En vez de publicar tantos articuliños o que tiñan que facer Manolo Gonzalez e Ivan Marrube era contarlle o que falaron eles, mais Perez Bouza e Paulo Carlos con Beiras, Anton Sanchez e Martiño Noriega. Como estes 3 de Anova lle dixeron que precisaban que entrara xente de Compromiso para facer fronte a FPG e que a cambio de liquidar Compromiso e que non se presentaran nas eleccions farianlle un oco nas listas e no vindeiro goberno da Xunta. Por iso estan montando todo isto e intentan botar por terra o acordado pola afiliacion de Compromiso fai uns meses.

1 Extripulante

Cando foi iso? día?

7 Eu mesmo

Hai un grupiño en CxG, algúns dos nomeados no artigo entre eles, que co obxectivo de posicionarse de cara as eleccións nacionais na coaligazao IU-Podemos-Anova, están por botar abaixo o proxecto aprobado pola militancia dun nacionalismo socialdemócrata e transversal. Na vez do modelo de Escocia, Corsega ou Euskadi, fican posiciónanse coa esquerda extrema española. Se o logran agardo que o Beiras aplique aquelo de "Roma non paga a traidores". Por certo, Pérez Bouza non aprendeu daquelo das formas democrátocas de OUeC que nunha "asemblea" de 40 tiraron abaixo unhas primarias de máis de mil???

6 Deitandose co inimigo.

Por un nacionalismo de verdade, que non sexa chapero do españolismo. Farto dos oportunistas vendepatrias por pillar cacho, de Mareas, BNG, Anova, UPG, FPG, AGE, Compromiso co bandullo etc e os seus eunucos. Un novo nacionalismo que loite co imigo e antitesis españolista. Mais cultura, non confundir español con españolista. Españolismo e a idioloxia do nacionalismo español, e os partidos sistemicos do rexime neo franquista borbonico nos mais diversos dusfraces, que sempre percura a reafirmacion da identidade española e status quo actual, mais o caracter subordinado de Galiza coma rexion española.

1 eueu

Por seguir coa tua linguaxe escatolóxica, quen lle fai os "franceses" aos expañolistas do PPsoe é o Bnjajaja, mesmo antes de saberse os resultados das votacións: velaí as deputacións, concellos, mancomunidades e todo sitio onde poidan pactar. E sempre hai harmonia, oe! Que parella tan ben levada, coma as dos guardas civís