Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/10/2024 | Actualizada ás 18:50
O deputado autonómico do BNG Ramón Fernández asegurou que o estaleiro situado na Graña, en Ferrol, onde se produciu o pasado xoves, 3 de outubro, un accidente laboral que xerou a morte de dous operarios "non cumpre coas normas de seguridade". Así o trasladou nunha rolda de prensa, no que o integrante da formación nacionalista aproveitou para trasladar ás familias, amigos e compañeiros dos falecidos o "máis sentido pésame" da formación.
Nunha comparecencia na mañá deste venres no local de BNG en Ferrol, detallou que considerado que o accidente é "un caso claro" do que coloquialmente chaman "terrorismo laboral" e sostivo que "cualquer persoa que traballase no estaleiro nos últimos 20 anos pode confirmar que nunca se cumpriron neste centro nin nas máis mínimas normas de seguridade de traballo" e que isto é "algo de dominio público na comarca de Ferrol.
O deputado autonómico, ademais, sinalou que "Galicia está en cifras de marca de mortalidade no traballo" e que a comunidade "leva anos encabezando as estatísticas de sinistralidade laboral no Estado español". Un feito que, segundo indicou, "sería imposible sen a tremenda tolerancia social e política, sobre todo política, cos incumprimentos en materia de prevención de riscos laborais".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.