Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/10/2024 | Actualizada ás 19:00
O Diario Oficial de Galicia publica este mércores a orde que fixa a contía adicional do Fondo de Cooperación Local para as entidades municipais que resultantes dun proceso de fusión neste exercicio de 2024 e que se sitúa en 1,8 millóns.
Segundo recolle o DOG, as achegas procedentes deste fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local terán carácter non finalista e poderán ser utilizadas polos concellos para financiar programas de gasto de natureza produtiva ou xeradora de emprego, obras ou servizos, gastos de persoal, gastos correntes en bens e servizos, amortización de débeda ou calquera outro gasto ou investimento acorde coas competencias municipais.
A Xunta lembra que o impulso de medidas incentivadoras da xestión eficaz e eficiente dos recursos públicos dos municipios galegos é un dos principais obxectivos do Goberno galego, que ten como unha das "medidas máis eficaces" para conseguir estes obxectivos "promover e apoiar os proxectos de fusión municipal".
En 2013 e tras 45 anos sen un paso similar, Oza e Cesuras, situados na provincia da Coruña, formalizaron a súa fusión dando lugar ao municipio de Oza-Cesuras. En setembro de 2016 naceu, tamén por mor dunha unión, Cerdedo-Cotobade (Pontevedra), que é ata agora a última fusión rexistrada na Comunidade galega.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.